Esta semana saíume un Crunia Fala moi colorido.
Empezamos falando de Robótica, pola celebración da duodécima edición do taller/concurso, titulado ‘A maxia dá robótica’, no que participan máis de 800 estudantes de ESO, Bacharelato e F. P. da Coruña e a súa área metropolitana.
Esta iniciativa precede á Semana Europea da Robótica, que se celebrará do 18 ao 27 de novembro.
Conversamos con Manuel Díaz Regueiro de Igaciencia
Démoslle covertura á Nota de Prensa sobre o encontro ALQUIMIA -GALICIA ROLLERS SENIOR MASCULINO, que nos remitiu a Asociación de Veciños do Ventorrillo.
E rematamos o programa charlando con Enrique Fernández, presidente da Asociación de Usuarios de Vehículos de Movilidad Persoal (VMP). Unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a mobilidade eléctrica como alternativa ao vehículo a combustión.
- 05:00 Conversa con IGACIENCIA
- 13:15 Nota de Prensa Galicia Rollers
- 23:40 Conversa con Enrique Fernández de VMP Coruña
Ligazóns de interés
https://www.galiciarollers.com/
O tema músical da intro é Redención do grupo Susei Q’s
Neste episodio soan dous temas de THE MIRЯOR: “I aim higher” y “Brand New Sunset”. Unha banda “Revivalistas setenteros de Vigo y alrededores que fusionan lo mejor del rock, soul y el funk para traerlo a nuestros tiempos.”
https://www.instagram.com/themirrormusic/
https://open.spotify.com/artist/3RmcxttPmo3AKU7mqRR6kR?si=LeBWzTEETRONgriQoa6EgQ
Oímonos no próximo programa.