01×01 Crunia Fala – Estrea do programa

Damos o pistoletazo de saida a Crunia Fala e fágoo con toda a ilusión do mundo.

Para a primeira conversa deste programa séntanse na mesa de Crunia Fala Rosa Barreiro e Mariel Padín. Para este humilde comunicador é una honra contar con estas duas mulleres como madriñas. Con elas falamos de barrios, centrado o tema na in-seguridade cidadá. Penso que sería bo que se pasasen por lo Crunia máia a miúdo.

Tamén falamos con José Salgado, presidente da “Asociación de Comerciantes de Os Mallos”. Xa que este distrito leva un tempo “en boca de todos” por problemas de inseguridade cidadá.

Desde a plataforma Sector 7 – Recinto Ferial fannos entrega dunha nota denuncia, que leemos integra, coa locución de Cami, locutor, spreaker e actor de dobraxe.

Neste primeiro episodio presentamos a nosa sintonía, que é o tema Redención dos carballiñeses Susie Q’s, cos que falamos un chisco.

Polo medio cóase algún saúdo, como son os de Álvaro Pérez, portavoz da A. VV. de Palavea “Os Nosos Lares” ou o de Esteban Velasco, Presidente de A. VV. Matogrande.

Tiña pensado pechar o episodio cun tema músical, pero xa haberá tempo para iso. Hoxe tocada un recordo a Jesús Quintero, para min un referente no mundo da comunicación. E escollín un dos seus monólogos, un … especial.

Oímonos no próximo programa.

2 comentarios sobre “01×01 Crunia Fala – Estrea do programa”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario