No episodio desta semana falamos con Lucía, Vanessa e Pablo, veciños do Sector7-Recintos Feriáis, que levan meses demandando un trato xusto. Un barrio sen rematar e que está carente dunha serie de servizos que noutros considéranse básicos ou fundamentáis.
- Non teñen varredor
- As obras estragan as rúas
- Falta iluminación
- Inseguridade…
Ademáis coñecimos de primeira man a situación que están a vivir os traballadores e traballadoras das Biliotecas Municipáis.
Todos?
Ben, esta dúbida e algunha máis tratamos de resolvela con Elisabeth (CIG) e Julio (UGT) membros da Mesa de Negociación da empresa que leva a contrata do sevizo.
- Como é eso de que non sodes funcionarios?
- Outra vez un mes sin cobrar?
- Como arranxamos esto?
Son só algunas das cuestión que tratamos.
Ligazóns de interés
https://twitter.com/sector7_coruna
https://twitter.com/biblioprecarias
O tema músical da intro é Redención do grupo Susei Q’s
Neste episodio soan dous temas de Leticia Rey: un cover do tema “Unforgettable” de Nat King Cole e “Tal vez” https://www.youtube.com/user/LeticiaRey
Oímonos no próximo programa.