Arrincamos 2023 cun novo episodio de Crunia Fala. Neste caso coñecemos a dous novos colectivos da cidade: La Montaña de Oza e CHUAC sí, pero non así. Ademáis volven a pasar polo programa a Cidadá Anónima e Paula Cascallar.
- 02:00 La Montaña de Oza. Micro-localimos na Coruña.
- 17:45 Paula Cascallar. Refexiona sobre a esperanza e o futuro. Deben traballar xuntos físicos e filósofos?
- 25:30 A Cidadá Anónima. É posible una revolución na xuventude actual?
- 37:30 CHUAC sí, pero non así. E se o Novo Chuac conleva pechar o centro de Especialidades do Ventorrillo?
Ligazóns de interés:
A Tobeira de Oza. https://www.instagram.com/a.tobeira
La Montaña de Oza. https://www.instagram.com/lamontanadeoza/
Paula Cascallar. https://www.instagram.com/lovehaunter/
ChuacSíPeroNonAsí https://twitter.com/afectados_chuac
O tema músical da intro é Redención do grupo Susei Q’s
Neste episodio soa o tema de Eurythmics – Sweet Dreams https://www.eurythmics.com/
E Unha vergoña que os políticos centren SEUS intereses en detrimento da poboacion. Gustariame contarbos so un exemplo. Cando tivemos as primeiras reunions co entonces concejal de urbanismo, a miña pregunta foi …vostede podeme garantir que dentro de 15, 20 anos, non encontraremos unhas novas familias vivindo no lugar onde estaba meu fogar? Este home tornou pálido e non me deu resposta!. Finalmente, dimitiu do seu cargo. Estamos sumamente apenados. Isto non e unha mellora para o pobo, e unha expeculacion urbanística a longo prazo. Eles ponden esperar, teñen cartos. Nos….quedamos sin fogar, e sen ningún xeito de arranxar as nosas vidas. Non hay dereito a xogar así, nin coa sanidade nin coa vida das persoas!!!
Moitas Grazas pola tua resposta.
Comentareina, co teu permiso, no programa do día 11 de febreiro.
Un saúdo.
Santi.