Imos co episodio 12+1 de Crunia Fala. Eu non son supersticioso, pero … habelas hainas ☺. Nesta semanas temos estas catros seccións:
- 03:50 Falaremos de Orzamentos Participativos con Álvaro da Asociación de Veciños de Palavéa “On nosos lares”
- 19:40 Coñéceremos a festa que preparan desde a Asociación de Veciños e Comerciantes de “La Sagrada Familia” polo entroido
- 22:05 Coñeceremos a Susana Anta, artista da cerámica e que está a facer uns obradoiros na Tobeira de Oza
- 37:35 E falaremos co xerente do Centro Comercial de “Los Rosales” tras o peche dos cines Yelmo
Ligazóns de interés:
Asociación de Veciños de Palavéa “Os Nosos Lares” instagram.com/avpalavea
Asociación de Vecinos y Comerciantes “La Sagrada Familia” instagram.com/avvycc_sagradafamilia
Susana Anta instagram.com/susana_anta
A Tobeira de Oza. instagram.com/a.tobeira
Centro Comercial de “los Rosales” cclosrosales.com
O tema músical da intro é Redención do grupo Susei Q’s
Neste episodio soan dous temas de Niki J. Crawford nikijcrawford.com
Estivo moi ben a lección de historia dos centros comerciais que deu o director de Los Rosales, pero como veciña do barrio gustaríame saber se fan algo para reactivar ese espazo, porque o centro comercial quedou sen case servizos, ademais dos cines, pecharon Arenal, a tenda deportiva, a óptica, o dos bocatas, Women’s Secret, os das lambetadas, a tenda de colchóns, tamén marchou Correos, etc… e o supermercado véxoo bastante deixado. Hai quen di que é porque os alugueiros son moi altos no centro comercial, non sei, os do barrio seguimos comprando igual e non é un barrio con poder adquisitivo baixo, pero resulta que nos temos que desprazar para facer moitas compras.
Moi boas Seicanena:
A tua relexión é moi interesante. Nun próximo episodio voltarei polo Centro comercial e trataréi de atopa resposta ás túas dúbidas.
Un saúdo.