01×17 E se facemos un episodio musical?

🤔 Pois o conte é o seguinte. Eu como analfabeto musical que son, pensei… E se fago un episodio musical a ver si aprendo algo? E non lle din mais voltas. 

😎 Bueno, algo de culpa pode que tiveran os dous grupos que contactaron co programa.

🧐 Pero como ainda non me parecía dabondo, pensei…(ooooutra vez😝) E se convido a alguén con sobrada e recoñecida experiencia?

Así que aquí tes o paso polo programa de Another Waster Year, QFB y Pablo Bicho.

  • 02:25 Anoter Wasted Year
  • 19:25 QFB e Pablo Bicho
  • 49:35 Paula Cascallar Blues de Rosalía

Pero aiiinda hai mais.

Anota na tua axenda: 4 de marzo as 12:00 do medio día.

Ese día a esa hora quedades citados no Centro Comercial Espacio Coruña para o primeiro programa en exteriores de Crunia Fala. Siiii! Imos facer un programa en directo para que veñas e pasemos un anaco de conversa, debate e … ata poida que haxa tortilla!!!

Vémonos 👀 no próximo programa.


Ligazóns de interés:

Linktree de Another Wasted Year

Páxina web de QFB

Paula Cascallar en Instagram instagram.com/lovehaunter

O tema músical da intro é Redención do grupo Susei Q’s

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario