01×22 Desde Novo Mesoiro, a aldea irredutible á Semana Santa da Coruña

Ola Crunios e Crunias. No episodio desta semana volvemos ter moitas cores. E iso é algo que me fai pensar que o programa gusta. Se cada día hai máis xente que se apunta a participar en Crunia Fala, se cadra é porque se necesitaba un espazo como este.
  • 00:00 Empezamos coa sección Crunia en Novas, na que falo da apertura da rúa Emilia Pardo Bazán como peonil e da inminente instalación de 200 cámaras de tráfico na cidade. Nesta reflexión xórdeme unha dúbida, pódense usar para outra cousa que non sexa a seguridade viaria?
  • 11:16 A continuación pasa por el programa Salvador Peña, Ministro Presidente de la Venerable Orden Tercera de San Francisco en A Coruña. Conocimos de primera mano en qué consiste la labor de esta institución y de la inminente celebración de la Semana Santa Coruñesa.
  • 26:45 Gozamos unha vez máis das achegas tan persoais que nos manda Paula Cascallar. Nesta ocasión reflexiona sobre o concepto da Zona de Confort e o dereito á libre opinión
  • 33:16 Rematamos ou programa coa charla mantida con Mapi da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro. Xa tiña ganas de “pasarme” por este barrio e coñecer algunha das súas singularidades.

Espero que disfrutes escoitando este episodio tanto como o fixen eu facéndoo.


Ligazóns de interés:

O tema musical do programa é o tema “Redención” dos “Susie Q’s”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario