O que tedes neste episodio e un novo programa en exteriores de Crunia Fala. Nesta ocasión acudimos ó convite da Asociación AGAPEMA, que é quen organiza a Feira das Matemáticas que se celebra no PALEXCO.
Nesta XVI edición non podíamos faltar.
Duas horas de programa para coñecer:
- José Ángel Roca e o “dilema” do Víal 18
- Casa das Ciencias
- Cristina Naya, de AGAPEMA, organizadora da Feira
- o proxecto do IES María Casares.
- Elena Vázquez Decana da Facultade de Matemáticas
- A Papiroflexia con Coco
- Fernanda Miguélez da Escola Superior de Náutica.