Se por min fose mañá mesmo. 😉
A verdade é que estou moi emocionado con este proxecto. Teño argallado moitas cousa e participado en proxectos moi motivadores, pero esta vez hai algo distinto.
Por una banda a proximidade. Ainda que son fillo adoptivo da Coruña, esta é a miña cidade, nin teño nin quero outra. Levo nela desde neno e imponme moito respecto facer este podcast. Poida que sexa un pouco de complexo de inferioridade ou un exceso de celo pola miña parte. Pero a verdade é que levo un tempo cun “non sei que” nas tripas. ☺
E por outro lado o que teño claro e que as cousas hai que facelas con #sentidiño. Aínda non teño data fixada, pero imos esperar a que pase o verán.
Durante este tempo irei valorando a plataforma adecuada para compartir con todos/as os episodios. Aínda que, se queres pódesme botar unha man.
Déixoche aquí un formulario para que, entre todos, escollamos a plataforma que máis nos guste.
Aínda que só sexa de maneira orientiva, penso que na primeira quincena de outubro poderíamos estar en marcha. Ademais, gustaríame que a elección do día non fose unha decisión miña, senón que o elixísemos entre todos.
Pero todo ao seu tempo. Como xa dixen non será antes do 1 de outubro, nin despois do 14 cando Crunia Fala inicie a súa viaxe.
Un saludo.
Santi Rey
Pingback: Os fíos de Crunia Fala – Crunia Fala