O mundo que nos está tocando vivir é dixital. Xa sei que non descubro nada novo. Neste “mundo dixital” as Redes Sociais son as novas rúas polas que nos movemos, as novas prazas nas que nos xuntamos a falar, mercar… en resumo o novo espazo no que vivimos. Desde o primeiro momento pareceume que #CruniaFala tiña que estar aí. E tiña (ten) que estar nos só para compartir os episodios do programa, se non para escoitar o “que se coce” nesas novas rúas.
Sen dúbida é un mundo no que hai moito ruído, non só de fondo, se non tamén en primeiro plano. Pero no momento en que es quen de illalo atopas moito contido de gran valor. Noticias, opinión ou xente interesante coa que intercambiar opinións.
Por outra banda están os cantos de sereas, voces que buscan captar a túa atención para o seu proveito. Aquí a arte está en saber identificalos. Non é fácil, pero cun pouco de práctica podes ser quen de facelo.
Con todo este panorama enriba da mesa este humilde comunicador, a la polo inicio deste eterno verau que estamos a vivir en Galicia creou os perfís de #CruniaFala en Facebook, Instagram e Twitter (non me da nin a cabeza nin o tempo para máis) todos eles localizables como @cruniafala.
E afondando nisto, hoxe veño a presentarvos un paso máis. Poño á vosa disposición o Grupo de Facebook de Crunia Fala, seguindo o consello de Mercedes Mosquera a creadora doutro grupo moi activo como é #CoruñaAbandonada.
No Grupo de Crunia Fala podes consultar os artigo de interés que vou subindo, pero por riba de todo podes (casi debes) comentar e subir ás túas novas. Covídoche a que o visites e te apuntes nel.
Quedo a espera das túas achegas, que teñas un bo día
Santi Rey