Falamos?

Si eres dos que di que sí, perfecto, aquí atoparás algunhas ferramentas que usaremos para comunicarnos e compartir esas notas de voz que formarán parte do podcast.

O estudo de AtlanTICs está aberto para quedar e gravar as achegas que queirades facer. Pero son consciente de que non sempre poderemos facer coincidir as nosas axendas. Para iso está a tecnoloxía.

O redor damesa

Cando non poidamos quedar no mismo sitio á vez e queiramos gravar unha conversación, charla ou entrevista usaremos JAM. É unha aplicación web moi sinxela para usar tanto no computador, na tablet ou no móbil. Non fai falta que instales nada, nin que te rexistres en ningún servizo.

A continuación déixoche un vídeo no que che explico como vai.

As notas de voz

Outra forma de participar é enviando notas de voz. Pódelas gravar co teu móbil e mandalas por correo electrónico, WhatsApp ou Telegram.

É unha forma moi cómoda de colaborar. Cando mandes algún contido desta forma, lembra indicar ademais quen es e de que trata o audio que envías.

O enderezo do correo electrónico é crunia@asociacionatlantics.org. O perfil de Telegram é @AsocAtlanTICs e o WhatsApp de AtlanTICs telo no número +34 644 65 41 45.

Deixoche aquí algún s consellos para que o audio sea da millor calidade posible

  • Procura que non sexan moi longos. Unha duración dun máximo de 3 ou 4 minutos e recomendable.
  • Grava nun espazo que non teña moito ruído de fondo.
  • Evita as habitacións moi grandes e baleiras de mobles, para que non entren ecos e reverberacións.
  • Grava na rúa só se non che queda máis remedio: porque o require a situación, para captar algo en concreto…
  • Cando mandes un audio lembra incluír o teu nome (ou como queres ser presentado) e unha frase descritiva do audio.

Aquí tes un video no que cho explico con mais detalle.

Para calquera dúbida estou no Telegram ou en Whatsapp

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario