Formación de reporteiro de Crunia Fala

Crunia Fala, o Podcast que se escoita pola radio en CUAC FM, busca ser o lugar onde a veciñanza da Coruña exprésese, opine e comparta. Seguramente máis dunha vez quixeches dar a a túa opinión, contar de viva voz que che parece isto ou aquilo. Para min iso gaña moito cando é de palabra, Cando nos expresamos coa nosa voz, non só somos quen de explicar as cousas mellor, senón tamén de transmitir o que sentimos.

Se queres colaborar con Crunia Fala podes

Déixame que che faga unha pregunta, queres colaborar con Crunia Fala?
Se es dos que di que sí, perfecto. Podes opinar sobre calquera tema relacionado coa nosa cidade, desde este momento es benvido. Ti és reporteiro de Crunia Fala o que pasa é que non o sabías.

Tes moitas cousas que contar, pero non sabes como facelo. Non te angusties, neste artigo vouche explicar como facelo.

Unha das partes máis importantes do programa serán as túas achegas. O xeito máis doado será enviando notas de audio, que podes gravar co teu propio móbil. Non precisas de ningún equipo especial, nin de mercar ningún trebello USB, micrófono externo, nin nada polo estilo. A maioría dos teléfonos móbiles veñen cuns micros moi bos, que che permitirán gravar perfectamente as túas notas de voz.

Podes mandar esas notas por WhatsApp ou Telegram, temos un nº á túa disposición, o +34 644 65 41 45. Anótao na túa axenda. Cando mandes un audio recorda engadir polo menos unha frase na que expliques de que vai o tema.

Se nunca enviaches unha nota de voz co móbil, non te preocupes, déixoche uns vídeos nos que explico como facelo.

Como enviar notas de voz con WhatsApp 👇👇

Como enviar notas de voz con WhatsApp 👆👆

Como enviar notas de voz con Telegram👇👇

Como enviar notas de voz con Telegram👆👆

Non todo é mensaxería instantánea

Tamén podes gravar os audios cunha APP e mandalos por correo electrónico. Case tódolos móbiles dispoñen “de serie” de aplicación de gravación de audio. De tódolos xeitos vouche recomendar unha que, ademáis de gravar moi ben, é unha APP que non precisa darlle permisos raros, nin recolle datos persoais. Todo sexa pola túa seguridade. Gravadora de voz fácil tela dispoñible tanto para Android como para iOS.

Neste vídeo cóntoche como vai. 👇👇

Como grabar notas de audio coa APP “Grabadora de voz fácil”👆👆

Aquí tes os enlaces para descargar a aplicación.

Uns consellos de “reportero dicharachero”

Agora que xa sabes como mandar eses audios para colaborar con Crunia Fala, permiteme que che de uns consellos para que a calidade do son sexa a mellor posible.

  • Procura espazos con paredes brandas e vestidas. Os locais baleiros, con paredes espidas reverberan, e fan que se grabe ese eco tan característico. Se o cuarto ten ventás moi grandes o mellor é que peches as cortinas.
  • Os cuartos pequenos sempre soan mellor que os grandes.
  • Millor sós. Aproveita un momento no que non haxa niguén contigo, para evitar interrupcións.
  • Evita no posible grabar na rua.
  • Non fales enrriba do móbil, pono a uns 10 cms. É mellor un volume un pouco baixo que non saturado. Iso non ten arranxo.
  • Fálalle ó teu ropeiro.
  • Bebe auga, millor que café ou bebidas azucaradas.

Preparei un vídeo no que che falo de todo esto con más detalle

Consellos sobre o espazo onde grabar👆👆

E ata aquí toda a teórica de hoxe, que penso que chega dabondo.

Recorda que Crunia Fala facémolo entre todos/as. Xa sabes, o enderezo do correo electrónico é crunia@asociacionatlantics.org, o perfil de Telegram é @AsocAtlanTICs e o WhatsApp de AtlanTICs telo no número +34 644 65 41 45.

Que teñas un bo día

Santi Rey


Mrt iconos creados por Freepik – Flaticon

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario