Déixame que me presente.
Son Santi Rey e dende fai uns anos organizo e participo en proxectos relacionados coa comunicación.
Na niña familia sempre houbo negocios de cara ó público, polo que os meus irmas mais eu criámonos detrás dun mostrador.
Penso que esas vivencias marcaron en nós certas habilidades comunicativas. Ou polo menos fixeron que teñamos moi pouca vergoña 😜 de falar fronte ó público.
“Cousas da vida” que decía Castelao.
Xa no meu traballo, que está relacionado coa seguridade pública, imparto formación ou axudo a outros compañeiros, a través de cursos e talleres, a facer o seu traballo mellor.
Desde 2017 a través de AtlanTICs veño facendo radio, podcast ou streamings en directo en redes sociais, sempre falando sobre temas nos que poida axudar a outros coa miña experiencia.
Entre todas estas facetas, a do podcasting é sen dúbida a que máis me motiva. É por isto polo que decidín dar un paso adiante e crear este proxecto.
A Coruña é unha cidade en continuo movemento, ten unha serie de asociacións veciñais e empresariais moi activas.
Toda esa iniciativa exprésase amplamente en redes sociais, medios de comunicación ou na rua, pero creo que gañaría moito se tivese un amplificador a maiores, un espazo propio.
Esa é a idea coa que nace CRUNIA FALA, O Podcast que se escoita pola Radio.
Se tes curiosidade e queres saber a forma de axudar ou colaborar, podes contactar por redes sociais e empezamos a falar.
Eu xa conto contigo, falamos.