Nós somos a nosa propia censura

A estas alturas da película non che teño que convencer de que as Redes Sociais revolucionaron o mundo da comunicación. Temos máis formas de comunicarnos que nunca, podemos estar conectados os uns cos outros en tempo real, oírnos e vernos aínda que esteamos en diferentes partes do planeta.

E a pesar de todo isto, non me digas porqué, teño a sensación de que hai máis censura que nunca.

Caladiño estás máis guapo

Non estuo a falar da censura imposta por las propias redes sociais, que é un debate aparte e moi interesante. Hoxe en día temos moitas formas de censura, pese a vivir nunha sociedade democrática, mellorable, pero democrática á fin e ao cabo. E a máis sanguenta e a que nos impoñemos a nos mesmos.

Autocensura. Un mal do século XXI

Moito máis a miúdo do que me gustaría, observo que moitos/as cidadnas non se atreven a comentar en redes sociais, por medo á exposición, mesmo ao linchamento público por parte dalguns “personajillos”, que desde o anonimato descargan toda a súa ira sobre quen sentese libre de expresar a súa opinión.

Falando enténdese a xente

Pois ven, hai unha forma de convatir esa “autocensura”, e non pode ser doutro xeito máis que falando. Non podemos permitir que se saian ca sua os que berran, só para tapar a voz dos que opinan libremente.

A liberdade, especialmente a de expresión, é un dos bens máis prezados que temos como cidadáns. Sempre desde o respecto mutuo, que cada un diga o que lle pareza, conte o que queira e opine sobre o que lle “pete”.

Sexamos nós mesmo, sen medo a trabucarnos.

Esa é a miña idea, e se desde Crunia Fala axudo dalgún xeito a conseguilo, sentireime moi feliz.

Que teñas un bo día.

Santi Rey

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario