Os fíos de Crunia Fala

No artigo anterior xa che comentaba o posible (de posible nada, si ou si 😉) arranque do podcast no mes de outubro. Asi que teño o verán para irme preparando.

Se de algo xa me decatéi e que os comentario e achegas dos veciños/as en redes, tando os das asociación como os dos particulares, acabarán sendo unhas das partes máis importantes do podcast. Sen dúbida.

Para quen non é periodista, como é o meu caso, ir recollendo toda esa información semana a semana, ven sendo unha ardua tarefa. Pero quen dixo medo!! A práctica e a repetición consiguen que o que nun inicio parece complicado e molesto, vólvase sinxelo e ata cómodo. Así que, como dixen antes, teño o verán para practicar.

Ocorréuseme que unha maneira de coller esa práctica podería ser ir recollendo aqueles “chios” de Twitter de interese en “fíos” semanais.

E dito e feito. No perfil de @cruiafala teredes tódolos venres sábados pola tardiña un fío cas novas que me chamaron a atención nesa semana.

Incluirei en todos o hashtag #FioCruniaFala para que os atopes con facilidades.

Que teñas un bo día.

Santi Rey

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario