Apunta: os sábados ás 12 da mañá

Pasou o verán e falastes. Fostes moitos os que participastes na enquisa na que vos pedía que escollérades o día da semana e a hora de emisión do programa. Se son sincero, non todolos días nin todalas horas estaban dispoñibles, xa que a grella de CUAC FM está moi solicitada. Pero aínda así creo que poderemos contentar á maioría.

Xa temos data para Crunia Fala

Os episodios de Crunia Fala poderalos escoitar en CUAC FM os sábados ás 12 do mediodía, a partir do próximo día 8 de outubro. Se ese día pola maña non che cadra ben, noooon te preocuuuupes, en CUAC teñen programada unha redifusión (sí, coma nas emisoras serias 😜) e volvera a emitirse os seguintes martes de 9 a 10 da noite, a partir do 11 de outubro.

A grella de CUAC na que aparece Crunia Fala
Grella de CUAC FM

Un Podcast que se escoita pola Radio

Pero aínda hai máis, se polo que sexa queres escoitar o programa noutro momento, todolos episodios quedarán gardadiños nesta páxina web. Lembra que este programa é un Podcast que se escoita pola Radio, así que aquí terás os epissodios todos. Para acceder a eles só tes que facer link neste enlace.

👇👇

Ademais, o podcast eará dispoñible nas plataformas que algúns me indicastes que empregades para escoitar podcast: IVOOX e SPOTIFY.

Aquí tes os enlaces ós canles nás duas plataformas.

👇 👇

E AINDA HAI MÁIS!!

No próximo artigo deixareiche uns titoriais que estou a preparar por se che apetece participar ou colaborar co programa.

Así que xa sabes, comenta, comparte, BERRA, fala, achega ou fai o que che pete. Eu estou aquí para escoitarte.

Que teñas un bo día.

Santi Rey

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario